Novas
Xa temos ás gañadoras do noso V Concurso de Postais Do Nadal
Noticia
03/12/2025
Xa temos gañadoras do noso V Concurso de Postais Do Nadal! Foi moi difícil decidir porque recibimos un total de 15 propostas, e todas elas estupendas, grazas a todos/as por participar. Ao noso xurado custoulle moito elixir o premiadas pero… Aquí temos ás artistas gañadoras:
- Categoría 3-6 anos: Vega Pérez San Juan.
- Categoría 7-11 anos: Lucía Pombo Fernández.
- Categoría 12-16 anos: Yuna Marina Reiris García.
Parabén! A entrega de premios será o sábado 13 de decembro na nosa Xornada Do Nadal de Familias que celebraremos en Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (sala Fontán).
Lembrade que a esta xornada pode acudir calquera familia con membros xordos/as, pero é necesario inscribirse. Xunto a esta noticia deixámosvos máis información. Animádevos a participar e a coñecer a Papá Noel!

Arquivada en: