Novas
Formación microcredencial da Universidade de Vigo en Lingua de Signos Española
Noticia
12/11/2025
A Universidade de Vigo acaba de abrir inscricións para unha formación de tipo microcredencial sobre Lingua de Signos Española dirixida a persoas que queiran adquirir unha maior competencia lingüística neste ámbito.
O curso, titulado “Introdución á lingua de signos española” é unha microcredencial de 5 créditos que incluirá formación vinculada ao B1 e coñecementos sobre comunidade xorda e lingüística. Impartirase en modalidade presencial na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo entre xaneiro e febreiro de 2026.
Desde a FAXPG estivemos en contacto coa universidade para o desenvolvemento desta formación, que está previsto que teña continuidade a través de máis cursos enfocados ao coñecemento da LSE e a adquisición de destrezas de interpretación.
Os requisitos de acceso son ter titulación en técnico superior na área de servizos á comunidade ou bacharelato (humanidades e ciencias sociais), e un nivel A2 en LSE, acreditado pola rede estatal da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) ou por formación universitaria específica.
Todos os detalles sobre esta formación poden consultarse na web do Centro de Posgrao e Formación Permanente da UVigo, na ligazón que vos deixamos xunto a esta noticia.

Arquivada en:
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Servizos Gratuitos > Servizo de Atención a Persoas Xordas (SAPS)