Novas
Recibimos financiamento para o noso Servizo de Voluntariado a través da asignación tributaria do 0,7% do IRPF e o imposto de sociedades
Noticia
25/03/2026
O noso Servizo de Voluntariado FAXPG recibirá este ano financiamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia grazas aos ingresos obtidos a través do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) mediante a “X Solidaria” e a casa “Empresa Solidaria” do imposto de sociedades.
O noso Servizo de Voluntariado ten por obxectivo evitar o illamento social e comunicativo de persoas xordocegas, persoas xordas en risco de exclusión social e persoas xordas maiores. Para iso, coordinamos os acompañamentos que realizan persoas voluntarias e organizamos actividades de lecer e tempo libre que favorecen o contacto social. En 2025 contamos con máis de 30 voluntarios/as activos que realizaron ata 600 acompañamentos con 40 beneficiarios/as do servizo.
Se ti tamén queres formar parte do noso Servizo de Voluntariado, podes atopar máis información na nosa web.
Aproveitamos a ocasión para dar as grazas a todas as persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda e ás empresas que marcan a casa Empresa Solidaria, xa que o seu xesto contribúe a que entidades como a nosa dispoñamos de recursos para desenvolver proxectos de interese xeral como leste.

Arquivada en:
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Servizos Gratuitos > Voluntariado