Así foi a entrega de premios da VI Edición do Concurso “Cantamos coas Mans”
Noticia
O pasado mércores 24 de maio celebramos no CIFP Politécnico de Santiago a Entrega de Premios da VI Edición do noso Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos “Cantamos coas Mans”.
Foi un acto moi emocionante no que participaron todos os colexios premiados subíndose ao escenario para interpretar as súas cancións en lingua de signos.
Acompañáronnos diferentes representantes institucionais a quen agradezo a súa presenza: das Consellerías de Política Social e Educación da Xunta de Galicia, do Cermi Galicia, da nosa asociación afiliada Anpanxoga e tamén de Vegalsa-Eroski.
Queremos dar as grazas tamén ao noso equipo organizador e aos membros do noso xurado.
E por suposto, grazas tamén a todos os colexios participantes que fixeron posible esta edición. Esperámosvos a todos/as o curso que vén!
Deixámosvos a continuación co resumo en vídeo da gala.