Cookies

Novas

Entradas xa a venda para o IX Festival de Cultura Xorda de Galicia!

Noticia

31/07/2026 | Vigo

Por fin! Xa temos o programa completo do noso IX Festival de Cultura Xorda e xa están á venda as entradas!
 
Podedes adquirilas a través da plataforma de venda online Ataquilla. Os prezos son os seguintes:
 
Entrada xeral (adultos/as): 44 €
Entradas con prezo reducido:
Socios/as do movemento asociativo de persoas xordas da CNSE: 22€
Estudantes: 33€
Menores de 12 a 17 anos: 16,5€
Menores de 6 a 11 anos: 11 €
Menores ata 5 anos de idade: Gratis
 
Para dispoñer do desconto para socios/as, as vosas asociacións vos enviarán un código que teredes que introducir no momento de mercar as entradas. Se tedes calquera dúbida, contactade coa vosa asociación ou Federación autonómica se sodes de fora de Galicia.
 
Importante: para todas as entradas de prezo reducido, se poderá solicitar a presentación de xustificante.
 
Ademáis, habrerá butacas especiais para persoas con mobilidade reducida, e tamén con discapacidade visual.(*)
 
É un evento aberto a todos os públicos, tanto persoas xordas como oíntes. Podedes consultar o programa completo na nosa web e redes sociais. Estades todos/as invitados/as a desfrutar da nosa cultura xorda!
 
E lembrade, as entradas son limitadas, reservade canto antes as vosas para coller un bo sitio e desfrutar con comodidade deste festival!
 
Vémonos o sábado 17 de outubro, en Vigo, no Auditorio do Teatro Afundación. ¡Adiós!
 
(*) Reserva de entradas especiais ata o 30 de agosto. As entradas especiais que non se adquirisen entón, pasarán a estar dispoñibles para venda xeral. A reserva das entradas para persoas con mobilidade reducida pode facerse directamente desde Ataquilla, pero para as entradas específicas para persoas con discapacidade visual, é necesario enviar un email a faxpg@faxpg.es indicando: nome, apelidos, asociación e/o cidade de residencia e nome do acompañante se corresponde.
 

Arquivada en:

Accesibilidad