Cookies

Novas

Ensinamos vocabulario en Lingua de Signos Española a profesionais dos Parques Naturais de Galicia para favorecer unha mellor atención ás persoas xordas

Noticia

10/12/2025

Para favorecer que os espazos naturais de Galicia sexan accesibles para persoas xordas, este ano impartimos cursos de Lingua de Signos Española a profesionais dos Parques Naturais.

Organizáronse 4 grupos diferentes, na Coruña, Vigo, Santiago e Ourense, participando un total de 30 persoas. Durante as 15 horas de formación, impartidas en varias sesións, todos eles/as puideron aprender cos nosos Especialistas en LSE vocabulario básico e aspectos relacionados coa comunidade xorda.

Estas formacións foron posibles grazas á colaboración que mantemos coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia para facer accesible en lingua de signos a información sobre espazos naturais galegos.

Mostrámosvos a continuación algunhas imaxes das formacións e animámosvos a visitar a páxina web oficial dos Parques Naturais de Galicia, na que poderedes atopar información en LSE sobre estes espazos.
 

 

Arquivada en:
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Contratación de Servizos > Accesibilidade

Accesibilidad