Novas
III Encontro Galego de Montaña e Sendeirismo para Persoas Xordas
Noticia
11/04/2023
Gústavos o sendeirismo? Pois atentos/as porque desde a FAXPG organizamos xunto a ASPESOR o III Encontro Galego de Montaña e Sendeirismo para Persoas Xordas, dirixido a socios e socias de todas as nosas asociacións afiliadas.
A data é o vindeiro sábado 22 de abril e o lugar será a Costa da Morte, de Lires a Fisterra. O roteiro é de 18 km, cunha dificultade media-baixa, e contaremos con guía turística e Intérpretes de LSE.
Xunto a esta noticia poderedes consultar o programa completo da xornada.
A inscrición é totalmente gratuíta e as persoas participantes recibirán unha camiseta conmemorativa e unha mochila con diversos agasallos sorpresa.
O prazo de inscrición xa está aberto e podedes apuntarvos no formulario en liña que atoparedes a continuación ata o día 14 de abril. As prazas son limitadas, animádevos a participar!
Arquivada en:





