Cookies

Novas

XV Encontro da Muller Xorda de Galicia – Sábado 4 de marzo en Santiago

Noticia

03/02/2023

Un ano máis, con motivo do Día Internacional da Muller, celebraremos a XV Edición do Encontro da Muller Xorda de Galicia.

Estará organizado pola FAXPG e a APSSC, e será o sábado 4 de marzo na Cidade da Cultura de Galicia, en horario de tarde, desde as 17:00 ata as 20:00 h.

A continuación explicámosvos o programa do encontro.

Ás 17:00 h o acto dará comezo coa lectura do manifesto da CNSE polo 8 M a cargo dunha socia da APSSC. A continuación terá lugar a apertura institucional, coas intervencións das autoridades presentes.

Tras ela, poderemos gozar de varias actuacións culturais en LSE realizadas por mulleres xordas. Unha vez finalizadas, entregaranse uns recoñecementos a mulleres xordas de Galicia en 3 ámbitos: movemento asociativo, laboral e artístico.

O encontro finalizará cunha proxección dun vídeo resumen dos 15 encontros celebrados ata o de agora.

Xunto a esta noticia atoparedes o programa completo. Para inscribirvos, será necesario que contactedes coa vosa asociación de persoas xordas de referencia.

Apuntade a data e animádevos a participar!

Arquivada en:

Accesibilidad