Novas
XII Encontro de Familias con Membros Xordos
Noticia
17/06/2026
Xa está aquí o XII Encontro de Familias con Membros Xordos! Será o sábado 18 de xullo e este ano desfrutaremos en compañía de actividades multiaventura no Ecoparque Marín.
Despois dunha mañá de circuítos nas árbores e tirolesas, as familias que o desexen poderán pasar libremente a tarde na praia de Aguete: https://maps.app.goo.gl/S31mnNaJ12KRAmhi8
Despois dunha mañá de circuítos nas árbores e tirolesas, as familias que o desexen poderán pasar libremente a tarde na praia de Aguete: https://maps.app.goo.gl/S31mnNaJ12KRAmhi8
Podéis inscribiros en este enlace: https://faxpg.wufoo.com/forms/r137aund1qtpmh6/
O prazo para apuntarse finaliza o 2 de xullo ou ata cubrir o límite de prazas dispoñible, apuntádevos canto antes!
Os prezos das actividades son:
17 € para menores de 4 a 10 anos.
19 € para menores de 11 a 14 anos.
21 € para participantes de 15 anos en diante.
As persoas que desexen acompañar aos menores, pero non participen nas actividades de multiaventura, non abonarán ningún importe.
Se tedes calquera dúbida, consultádenos no email tecnicofamilias@faxpg.es ou no teléfono 635 209 818.
Animámosvos a participar e compartir este día en familia!

Importante: No caso de nenos/as de 4, 5 e 6 anos, si é obrigatorio que vaian acompañados dun adulto que participe con eles nas actividades, e nese caso o adulto si ten que pagar a entrada. Para nenos/as de 7 anos en diante, os adultos/as que acompañen poden elixir se queren participar ou non, e só no caso de que queiran participar pagarán entrada.

Arquivada en: