Cookies

Emerxencias Galicia (AXEGA): 112

 

É o número único de Emerxencias Europeo, urxencias e emerxencias en materia sanitaria, extinción de incendios e salvamento, seguridade cidadá e protección civil. Este teléfono emprégase para a asistencia á cidadanía en calquera tipo de emerxencia.  AXEGA é a  Axencia  Galega de  Emerxencias que se encarga da xestión de emerxencias e do estudo e execución da política autonómica en materia de protección civil.

Atende e xestiona as chamadas de emerxencias da Comunidade Autónoma de Galicia recibidas a través do 112 e avisa aos medios e recursos que interveñen na resolución das emerxencias para garantir a súa coordinación, contando para iso con:

Procedementos e guías de actuación adaptados e constantemente actualizados para cada tipo de emerxencia.

Colaboración cos diferentes organismos con capacidade de actuación en emerxencias (protección civil, salvamento marítimo, urxencias médicas, etc.)

Unha plataforma tecnolóxica acorde coas necesidades do Servizo e preparada para unha evolución continua.

Recursos humanos necesarios para dar servizo as 24 horas do día os 365 días do ano.

      Imprimir
Accesibilidad