Novas
Día Internacional das Persoas Xordas 2022 en Vigo
Noticia
16/09/2022
O vindeiro sábado 24 de setembro celebraremos o Día Internacional de Persoas Xordas. Este ano farémolo na cidade de Vigo, organizado pola FAXPG xunto con Asorvigo con motivo do seu 50 aniversario, e como sempre coa colaboración de todas as asociacións.
O lema elixido para esta ocasión é “Lingua de Signos en educación e sanidade: TODAS As HORAS, TODOS Os DÍAS” xa que as nosas reivindicacións centraranse nos ámbitos educativo e sanitario
Explicámosvos o programa da xornada a continuación.
Ás 10:30 h reunirémonos na Praza da Estrela e a partir das 11:00 h iniciaremos unha marcha reivindicativa polas rúas da cidade ata chegar á Porta do Sol. Ás 12:15 h terán lugar a lectura do manifesto e as intervencións das autoridades. A partir das 13:00 h e durante a tarde, haberá diferentes actuacións culturais en Lingua de Signos Española, ata as 19:30 h, cando finalizaremos a xornada.
Para as persoas que non nos poidades acompañar alí, realizaremos publicacións nas nosas redes sociais nas que poderedes seguir como se desenvolve a xornada.
Esperámosvos a todos/as en Vigo!
Arquivada en:


