Cookies

Novas

Cursos de Lingua de Signos Española 2025/2026: abrimos inscricións!

Formación de LSE

09/09/2025

Queres aprender Lingua de Signos Española? Xa podes matricularche nos cursos que impartiremos a partir de setembro en diferentes niveis e modalidades: presencial e en online!
 
En modalidade online ofrecemos os seguintes cursos:
  • Nivel A1.2, de 30 horas
  • Nivel A1-A2, de 150 horas
  • Nivel B1.1, de 60 horas
Impartirémolos a través da plataforma online Signocampus dispoñible as 24 horas, sen horarios.

En canto á modalidade presencial, ofreceremos cursos de Nivel A1, e as clases terán unha duración de 2 horas e media, con dúas sesións por semana. Impartiremos estes cursos nas 7 cidades de Galicia e en horarios de mañá ou tarde. Xunto a esta noticia atoparedes a folla informativa con todos os detalles: prezos, horario, calendario lectivo etc., e tamén as ligazóns para a inscrición, que poderedes facer online.

Os cursos iniciais, para os que non é necesario contar con coñecementos previos, son o A1-A2 online e o A1 presencial. Para o resto de cursos é necesario completar o nivel anterior.

Adiantámosvos tamén que a finais de ano publicaremos a oferta formativa xa para 2026, na que incluiremos os seguintes niveis de formación (A2 e B1.2) para que poidades manter a continuidade na aprendizaxe.

Todos os nosos cursos están adaptados ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e contan con profesorado Especialista en LSE, nativos/as signantes.

Os cursos están dirixidos a persoas maiores de 16 anos, interesadas na aprendizaxe da Lingua de Signos Española como segunda lingua, un idioma máis.

O prazo de matrícula para todos os cursos finaliza nos primeiros días de setembro, e en todo caso, ata esgotar o límite de prazas dispoñibles. Na folla informativa de cada curso podedes ver os detalles e prazo para cada un.

Para máis información, podedes contactarnos no email lsecursos@faxpg.es Animádevos a aprender Lingua de Signos!

CURSOS ONLINE

 

CURSOS PRESENCIAIS

(só Nivel A1 de 60 horas)

Inscricións horario de MAÑA

 

Inscricións horario de TARDE

 

Arquivada en:
A lingua de signos española > Os nosos cursos
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Contratación de Servizos > Formación de Lingua de Signos Española (LSE)

Accesibilidad