Novas

Novo Curso En liña de Lingua de Signos Española A1.1 30 horas para menores de 12 a 15 anos

Formación en LSE

29/05/2023

Presentámosvos un novo curso de LSE! Tes entre 12 e 15 anos e gustaríache aprender Lingua de Signos este verán? Convocamos o noso primeiro curso en liña de Nivel A1.1 dirixido a menores de 12 a 15 anos. Se queres achegarche á Lingua de Signos Española desde casa, con titores nativos e sen horarios, aproveita esta ocasión.

O prezo xeral do curso é de 50 €. Hai unha opción de matrícula reducida para menores xordos e os seus irmáns, e tamén para menores familiares de persoas xordas. Na folla informativa do curso atoparedes todos os detalles.

A formación será totalmente en liña e realizarase do 20 de xuño ao 20 de xullo de 2023 a través dunha plataforma con vídeos e actividades. Serán un total de 30 horas e, como todos os nosos cursos, está adaptado ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER).

A inscrición pode realizarse de forma en liña a través do formulario na nosa web, e o prazo de matrícula finalizará o 14 de xuño de 2023 ou ata cubrir o número de prazas dispoñibles. Neste sentido, terán preferencia para a asignación de prazas os menores xordos e aqueles/as que residan en Galicia.

Ao completar o curso entregarase un certificado homologado pola Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) que acredita as 30 horas de formación.

Para calquera consulta relacionada, podedes poñervos en contacto connosco a través do email lsecursos@faxpg.es

Animádevos a aprender LSE este verán!

Menores de 12 a 15 anos

 

Arquivada en:
A lingua de signos española (LSE) > Os nosos cursos
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Contratación de Servizos > Formación en Lingua de Signos Española (LSE)