Cookies

Novas

Convocamos bolsas de desprazamento para impulsar a formación de Especialistas en LSE

Noticia

10/07/2026

Desde a FAXPG queremos promover a participación de persoas xordas de Galicia no Curso de Especialistas en Lingua de Signos Española (LSE) que impartirá a Fundación CNSE en Madrid no ano 2027.

Para aquelas persoas que resulten admitidas nesta formación, propoñemos unha convocatoria para ofrecer axudas económicas destinadas a cubrir os gastos de desprazamento ás sesións presenciais do curso.

Trátase dunha axuda dirixida a persoas xordas residentes en Galicia que sexan socias dalgunha das asociacións afiliadas á FAXPG.

A través destas bolsas cubriranse gastos dos desprazamentos de ida e volta entre Galicia e Madrid cun importe máximo de 500 euros por persoa.

Concederase un máximo de 2 axudas, no caso de que haxa máis de 2 persoas admitidas no curso que a soliciten priorizarase ás persoas de menor nivel de renda.

Ademais, unha vez finalizado o curso, as persoas participantes terán preferencia nos procesos de selección que poña en marcha a FAXPG para formar parte do equipo de Formación de LSE.

Xunto a esta noticia, atoparedes as bases da convocatoria coa información detallada.
 

Animamos ás persoas xordas que queiran formarse para ser Especialistas en LSE a aproveitar esta oportunidade única. Deixámosvos a continuación unha ligazón á web da Fundación CNSE onde atoparedes a información sobre o curso.

 

Arquivada en:

Accesibilidad