Novas
VIII Convivencia de Persoas Maiores Xordas de Galicia: abrimos inscricións!
Noticia
30/07/2024
ACTUALIZACIÓN: Prazo de inscrición ampliado ata o 5 de setembro
Anunciámosvos que no próximo mes de setembro celebraremos unha nova edición da Convivencia de Persoas Maiores Xordas de Galicia, que este ano organizamos conxuntamente coa Asociación de Persoas Xordas de Vigo. Será en Vigo, os días 14 e 15 de setembro.
Durante as dúas xornadas realizaremos actividades lúdicas e culturais enfocadas no envellecemento activo, e será unha oportunidade única para facilitar o contacto entre as persoas maiores xordas de diferentes lugares de Galicia.
A inscrición na Convivencia terá un custo total de 60 € por persoa, e inclúe o aloxamento, as comidas e todas as actividades que están incluídas dentro do programa, que podedes consultar nos arquivos adxuntos a esta noticia.
Importante: Esta actividade está dirixida a persoas xordas socias maiores de 65 anos.
Se estades interesados/as en participar, xunto a esta noticia atoparedes a ficha de inscrición, que debedes descargarvos e cubrir cos vosos datos, e despois enviar xunto co xustificante de pago por email á seguinte dirección: asorvigo@asorvigo.org
Para resolver calquera dúbida, podedes consultar á vosa asociación.
O prazo para apuntarse termina o 5 de setembro. Dádevos présa para non quedarvos sen a vosa praza!
Esta Convivencia contará co patrocinio do Concello de Vigo e da Dirección Xeral de Persoas Maiores e Atención Sociosanitaria da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
Será unha fin de semana moi divertida no que gozar coas actividades e compartir experiencias, non volo perdades!
Arquivada en:




