Cookies

Axenda de Actividades

Contacontos accesible en LSE - 4 de xaneiro

Evento accesible

04/01/2026 - | Santiago de Compostela

A Cidade da Cultura de Galicia organiza un contacontos familiar dentro da súa programación do Nadal titulado "Contos ao revés", no que se reinterpretarán os contos de Rapunzel desde unha mirada igualitaria.

Esta actividade será accesible para persoas xordas ao contar con Intérpretes de LSE do noso SILSE-GI.

Día e hora : domingo 4 de xaneiro | 18:30 h
Lugar: Cidade da Cultura (Museo Centro Gaiás, Hall de Tirantes)

A asistencia é gratuíta, necesaria inscrición previa (actualmente as prazas están esgotadas, pero en caso de anulacións poderán consultarse na súa páxina web):
Lugar de celebración

Lugar de celebración:
Cidade da Cultura

Arquivada en:

Accesibilidad