Cookies

Novas

Conseguímolo! O noso proxecto de clases de LSE en centros educativos gañou un dos premios Innocente

Noticia

06/05/2026

Conseguímolo! O proxecto de clases de Lingua de Signos Española (LSE) en centros educativos que desenvolvemos na FAXPG alcanzou os 3.000 votos necesarios para gañar un dos Premios Inocente 2026 deste ano. Moitas grazas a todos!

Estamos encantados porque é unha honra contar con tanto apoio de tanta xente e tamén dos medios de comunicación que nos axudaron a difundilo. O noso agradecemento máis especial vai para a nosa patrocinadora, Carolina Iglesias, que se comprometeu totalmente, e para as familias e nenos que participaron no vídeo.

Grazas a este premio, a Fundación Inocente Inocente contribuirá con 5.000 € en financiamento a este proxecto vital para a inclusión do alumnado xordo e a promoción da Lingua de Signos Española.

Moitas grazas a todos!
 

Arquivada en:

Accesibilidad