Cookies

Axenda de Actividades

Congreso Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero accesible en LSE - 19 de novembro

Evento accesible

19/11/2026 - | Santiago de Compostela

O próximo 19 de novembro celebrarase o Congreso Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero, organizado pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG), baixo o lema "A violencia de xénero virtual, un desafío para a igualdade".
 
Durante a xornada analizarase o impacto da violencia de xénero no ámbito dixital e o papel que pode desempeñar a intelixencia artificial, tanto como factor de risco como ferramenta para a prevención e protección das vítimas.
 
O evento está dirixido ao público xeral e será accesible para as persoas xordas ao contar con intérpretes do noso SILSE-GI grazas ao convenio de colaboración que mantemos coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para a accesibilidade de eventos institucionais.
 
Día: Xoves 19 de novembro de 2026
Lugar: Hotel Oca Puerta del Camino (Santiago de Compostela)
Acceso: Entrada libre.
 
Máis información sobre o congreso:
 
Lugar de celebración

Lugar de celebración:
Hotel Oca Puerta de él Camino

Arquivada en:

Accesibilidad