Novas
Comunicado de disolución de Anpanxoga
Noticia
17/03/2026
En 2004, en Galicia, naceu ANPANXOGA cun obxectivo: apoiar, acompañar e crear comunidade.
Durante 22 anos compartimos aprendizaxes, loitas, risas e esperanza.
Traballamos polo apoio ás familias, a orientación e información, a sensibilización social, a defensa de dereitos, as actividades de convivencia e a formación.
Organizamos o primeiro campamento estatal da infancia xorda, a nosa actividade máis especial, porque creamos un valioso espazo de encontro, convivencia e crecemento para nenos e nenas xordas. Iso era o máis importante para nós.
Hoxe, con moita dor, ANPANXOGA pecha unha etapa tras aprobarse a súa disolución na asemblea do 7 de febreiro, non por falta de ganas, senón por falta de substitución.
A asociación disólvese, pero as persoas, os vínculos e todo o que construímos xuntas e xuntos, iso non desaparece.
Parte do traballo que ANPANXOGA desenvolveu durante estes anos pasa agora á FAXPG, para que continúen o apoio, a defensa de dereitos e o acompañamento ás familias. As familias integraranse na FAXPG co espírito de ANPANXOGA.
Porque os proxectos poden cambiar de nome, pero o máis importante, o compromiso, permanece.
Grazas a todas as familias, profesionais, voluntariado e persoas que formaron parte deste camiño. Nosa máis sincera gratitude! Adeus.

Arquivada en: