Cookies

Novas

Café-coloquio para familias na Coruña: 'A linguaxe do meu fillo/a: dúbidas, medos e como acompañar o seu desenvolvemento'

Noticia

12/11/2026 | A Coruña

Un ano máis, desde la FAXPG organizamos charlas dirixidas a familias con menores xordos/as. Nesta ocasión será un café-coloquio o vindeiro xoves 19 de novembro a las 18.00 h, coa participación de María Bao, profesora de la Universidade da Coruña e experta no desenvolvemento da linguaxe en menores xordos.

Durante o encontro, abordaremos como se desenvolve a linguaxe na infancia xorda, que inquietudes poden xurdir durante este proceso e como podemos favorecer a comunicación desde casa.

Será unha oportunidade para que as familias poidades resolver dúbidas e compartir experiencias, nun ambiente próximo e no que tamén poden participar os menores xordos/as, xa que teremos en espazo reservado para eles/as.

O encontro terá lugar en Galgo Azul, (Av/ Gramela, 16-18, A Coruña), unha librería cafetería onde poderemos degustar os seus cafés e compartir tempo xuntos. A entrada é libre, pero se estades interesados/as en asistir, agradecémosvos que nos avisedes por email a tecnicofamilias@faxpg.es para contar coa vosa presenza ou resolver calquera dúbida que teñades.

Esperámosvos a todas as familias con menores xordos/as! Animádevos a participar!

 

Arquivada en:

Accesibilidad