Cookies

Novas

Servicio de Atención Psicolóxica con cobertura en toda Galicia

Noticia

19/12/2025

O coidado da saúde mental é esencial, e por iso na FAXPG contamos cun Servizo de Atención Psicolóxica destinado ás persoas xordas e as súas familias. Este servizo conta co obxectivo de promover o benestar emocional e mental dos/as usuarios/as.

Trátase dun servizo gratuíto grazas ao financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a través do 0,7% do IRPF grazas aos contribuíntes que marcan a X Solidaria.

A través deste servizo, co que actualmente estamos a ofrecer cobertura en toda Galicia, as nosas psicólogas ofrecen unha atención especializada e directamente en LSE a máis dun centenar de usuarios/as, cos que durante este ano 2025 realizaron xa máis de 1.000 sesións de terapia. 

Ademais, tamén ofrecen charlas sobre prevención e coidado da saúde mental coa colaboración das nosas asociacións afiliadas. 

Trátase dun servizo esencial para as persoas xordas, que esperamos continuar mantendo e reforzando.

 

Arquivada en:
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Servizos Gratuitos > Atención Psicolóxica

Accesibilidad