Novas
Actividades grupais do noso Programa de Envellecemento Activo
Noticia
11/12/2025
Durante este ano 2025, os usuarios e usuarias do noso Programa de Envellecemento Activo gozaron de diferentes actividades grupais de carácter lúdico e cultural accesibles en LSE, co obxectivo de favorecer o lecer compartido e a súa participación comunitaria.
Algunhas delas foron paseos saudables, visitas a exposicións e espazos culturais ou encontros interxeracionais con nenas e nenos xordos. Para a realización dalgunhas destas actividades contamos coa colaboración de Anpanxoga e de voluntarios/as do noso Servizo de Voluntariado FAXPG, a quen agradezo a súa participación.
O noso programa está dirixido a persoas xordas de 60 anos ou máis, e dentro del organízanse tamén outras actividades grupais como talleres de estimulación cognitiva ou gerontogimnasia, que fomentan un estilo de vida máis activo e saudable, ademais de promover o contacto social e evitar o illamento.
Este programa é posible grazas ao financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a través do 0,7% do IRPF grazas aos contribuíntes que marcan a X Solidaria.
Mostrámosvos a continuación algunhas imaxes destas actividades.

Arquivada en:
As persoas xordas > Etapas da vida > Maiores
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Servizos Gratuitos > Servizo de Atención a Persoas Xordas (SAPS)