Cookies

Novas

Actividade de béisbol inclusivo para nenas e nenos xordos e as súas familias

Noticia

23/03/2026

Familias! O vindeiro sábado 18 de abril temos preparada unha actividade para vós. Trátase dunha xornada de deportes aprendendo Béisbol 5. É unha actividade completamente gratuíta, dirixida a nenos/as xordos/as de entre 7 e 17 anos, que realizaremos en colaboración co equipo de Club Béisbol e Sófbol Cambre, no Pavillón de Ou Graxal (Cambre). Poderedes vir toda a familia xa que poden participar irmáns/as e, para os adultos, prepararemos un aperitivo no propio pavillón.

Os adestradores do club ensinarannos as regras do Béisbol 5 e aprenderemos a xogar xuntos a este deporte durante 1 hora e media (de 12.00 a 13.30 h, sendo necesario chegar media hora antes).

Ao terminar a actividade, as familias que queiran poderán quedarse a comer xuntas nun restaurante próximo.

Para apuntarvos, podedes facelo na seguinte ligazón ata o 9 de abril.

Se tedes calquera dúbida, consultádenos no email tecnicofamilias@faxpg.es

Ou tamén no teléfono: 635 209 818.

Animámosvos a participar e a compartir este día en familia!
 


Arquivada en:

Accesibilidad