Novas
Celebración do 45º Aniversario da FAXPG
Noticia
18/10/2024 | Santiago de Compostela
Este ano na FAXPG cumprimos o noso 45º Aniversario, e con ese motivo, preparamos un completo programa de actividades para os socios/as das nosas asociacións afiliadas o próximo día 16 de novembro en Santiago de Compostela.
Pola mañá terá lugar un acto institucional no salón de actos do IES Rosalía de Castro coa cultura como tema principal. O Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, presentará a nova Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia e haberá unha mesa redonda sobre a cultura xorda, a accesibilidade e a inclusión neste ámbito.
Pola tarde, como xa vos anunciamos, celebrarase o VIII Festival de Cultura Xorda coorganizado xunto á Asociación de Persoas Xordas de Santiago (APSSC). A localización será a mesma.
Por último, xa pola noite, celebraremos unha Cea de Gala no Hotel Palacio do Carmen.
Para participar nestas actividades, debedes inscribirvos contactando coa vosa asociación afiliada. Tanto os actos da mañá como a entrada ao festival son totalmente gratuítos, mentres que a cea de gala terá un custo. O prazo para apuntarse finaliza o próximo 7 de novembro. Atoparedes máis detalles nos documentos adxuntos a esta noticia.
O noso aniversario é unha data moi importante, animamos a todas as persoas socias a acompañarnos e gozar de todas estas actividades.
Arquivada en:





