Novas
Comeza a Campaña da Renda 2024: Lembra marcar a X Solidaria!
Noticia
02/04/2025
Un ano máis, ábrese a Campaña da Renda, que comeza este mércores 2 de abril. Con este motivo, as entidades sociais de toda Galicia unímonos para pedirvos a vosa colaboración marcando a asignación do IRPF para Fins Sociais: a X Solidaria.
A recadación que se obtén a través da X Solidaria destínase a financiar proxectos sociais moi importantes para mellorar a calidade de vida de moitas persoas: persoas con discapacidade, maiores, infancia, persoas en risco de exclusión etc.
Lembrade que marcar a X Solidaria non significa pagar máis impostos nin que che devolvan menos diñeiro. E ademais, aínda que tamén marques a “X” no recadro de Igrexa católica, podes marcar igualmente a X Solidaria e así a asignación será dobre, sen que che custe nada.
Grazas ao financiamento obtido a través da X Solidaria, este ano na FAXPG estamos a desenvolver un total de 15 proxectos dos que se beneficiarán de forma directa máis de 1.700 persoas en toda Galicia, abaixo detallámosvos todos eles. Por iso é tan importante vosa colaboración un ano máis, para que o ano que vén tamén podamos seguir ofrecéndoos.
Lembrade revisar o voso borrador antes de confirmalo, para asegurarvos de que os vosos impostos destínanse a entidades sociais como a nosa. Animádevos a marcar a X Solidaria!

- Intervención social.
- Mediación comunicativa.
- Envellecemento activo.
- Atención psicolóxica.
- Orientación educativa a centros, familias e alumnado xordo.
- Incorporación da LSE en centros educativos.
- Programa de apoio ás familias con menores xordos.
- Intérpretes de LSE e guías-intérpretes.
- Logopedia.
- Formación de adultos.
- Programa de emprego para mulleres rurais (Kaiseki).
- Acondicionamento e mellora da accesibilidade da ASORLU e a APSOU.
- Transformación dixital da FAXPG (IV)
- Adquisición de vehículos.

Arquivada en: