Novas
Talleres de empoderamento para menores xordos: ‘Identidade e autocoñecemento’
Noticia
29/04/2025
Dentro do proxecto que estamos a desenvolver para o empoderamento dos menores xordos/as, proximamente organizaremos uns talleres baixo o título “Identidade e autocoñecemento”.
Estes talleres serán totalmente gratuítos e poderán participar adolescentes con discapacidade auditiva de entre 12 e 18 anos.
O obxectivo será achegarlles ferramentas para favorecer a súa autoconocimiento e axudarlles a forxar a súa identidade. Farémolo tratando temas como o benestar emocional, a sociedade e redes sociais na construción de identidade, os estándares sociais, ou a imaxe e autoconcepto.
Os talleres terán lugar nas seguintes cidades e datas::
En Ourense, o mércores 14 de maio ás 16:00 h no local da APSOU (C/Ramón Cabanillas 6, baixo e entlo.)
Na Coruña, o mércores 21 de maio ás 16:00 h na nosa Sede Central (C/Félix Estrada Catoira 3, baixo drta.)
Podedes apuntarvos ata o 9 de maio a través do seguinte formulario:https://faxpg.wufoo.com/forms/qfh0yx61sycbzl/
Estes talleres desenvólvense no marco do proxecto dirixido a menores xordos/as O valor da LSE na inclusión familiar e educativa. Identidade e pertenza, grazas á colaboración de Fundación ”la Caixa”.
Animádevos a participar!
Arquivada en:




