Así foron as vacacións para persoas xordas IMSERSO-CNSE que celebramos en Galicia
Noticia
Como xa vos fomos informando, durante as últimas dúas semanas recibimos en Galicia ás 200 persoas participantes no programa de turismo accesible organizado por IMSERSO-CNSE.
Durante estes días, os e as participantes aloxáronse na cidade de Vigo e gozado de diferentes excursións e visitas guiadas pola zona sur de Galicia, todas elas accesibles en LSE. Algunhas destas visitas foron a parques naturais de Galicia, grazas ao convenio que temos subscrito coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
Desde a FAXPG agradecemos a CNSE a súa confianza ao contar coa nosa federación como coorganizadora nesta edición, así como a colaboración da Fundación ONCE e á Dirección Xeral de Maiores da Xunta de Galicia.
Deixámosvos a continuación cun resumo en imaxes destas semanas.