Inscricións para os Cursos de LSE do 2º semestre de 2023
Formación en LSE
ACTUALIZACIÓN: Ampliamos o prazo de inscrición para os cursos presenciais nos que quedan as últimas prazas libres: ata o venres 22 de setembro ou ata esgotar o límite de prazas dispoñibles. Selecciona abaixo a túa cidade e realiza a inscrición.
Queres aprender Lingua de Signos Española? Xa podes matricularche nos cursos que impartiremos a partir de setembro en diferentes niveis!
- Nivel A1-A2, de 150 horas, ofrecerémolo en dúas modalidades a elixir: online ou presencial.
- Nivel B1.1, de 60 horas online.
- Nivel B2.2, de 80 horas online.
Os cursos online de Nivel A1-A2 e B1.1 impartirémolos a través dunha plataforma en liña dispoñible as 24 horas, sen horarios.
O curso en liña de Nivel B2.2 terá clases online a través de Zoom.
En canto á modalidade presencial, que só ofreceremos para o Nivel A1-A2, as clases terán unha duración de 2 horas e media, con dúas sesións por semana. Impartiremos estes cursos presenciais nas 7 cidades de Galicia e en horarios de mañá ou tarde.
Máis adiante, en novembro, abriremos tamén inscricións para o nivel B1.2.
Todos os nosos cursos están adaptados ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e contan con profesorado Especialista en LSE, nativos/as signantes.
Xunto a esta noticia atoparedes as diferentes follas informativas cos detalles de cada curso, por exemplo prezos, horario, calendario lectivo, etc. e tamén as ligazóns para a inscrición, que poderedes facer online.
Os cursos están dirixidos a persoas maiores de 16 anos, interesadas na aprendizaxe da Lingua de Signos Española como segunda lingua, un idioma máis.
Prazo de matrícula: ata o 5 de setembro de 2023 ou ata esgotar o límite de prazas dispoñibles.
Para máis información, podedes contactarnos no email lsecursos@faxpg.es Animádevos a coñecer a Lingua de Signos!
PRESENCIAL Nivel A1-A2
Formulario de inscrición
Pola maña
Pola tarde
ONLINE
No caso de que ampliemos prazas, avisarémosche.