Novas

Cursos de Lingua de Signos Española 2022-2023

Noticia

27/07/2022

Gustaríache aprender Lingua de Signos Española? Xa podes matricularche nos cursos que impartiremos a partir de setembro en todos os niveis!

Nivel A1-A2, de 150 horas.

Nivel B1.1, de 60 horas.

Nivel B1.2, de 60 horas.

Nivel B2.1, de 70 horas a través de Zoom.

Nivel B2.2, de 80 horas a través de Zoom.

Todos os nosos cursos están adaptados ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e contan con profesorado Especialista en LSE, nativos  signantes.

Xunto a esta noticia atoparedes as diferentes follas informativas cos detalles de cada curso, por exemplo prezos, horario e calendario lectivo para os cursos que se imparten por Zoom, etc. e as ligazóns para a inscrición, que poderedes facer en liña.

Os cursos están dirixidos a persoas maiores de 16 anos, interesadas na aprendizaxe da lingua de signos española como segunda lingua, un idioma máis.

Prazo de matrícula: ata o 5 de setembro de 2022 ou ata esgotar o límite de prazas dispoñibles.

Ademais, máis adiante ofreceremos tamén o curso de Nivel A2, para que as persoas que cursasen só o A1, poidan continuar a súa formación.

Para máis información, podedes contactarnos no email lsecursos@faxpg.es Animádevos a coñecer a Lingua de Signos!

 

Arquivada en:
A lingua de signos española (LSE) > Os nosos cursos
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Contratación de Servizos > Formación en Lingua de Signos Española (LSE)