Novas

Curso online de Lingua de Signos Española A1.1 30 horas

Formación en LSE

25/05/2021

Gustaríache aprender Lingua de Signos desde cero? Un ano máis, convocamos o curso en liña de Nivel A1.1. Se non tes coñecementos previos e queres aprender a nosa lingua desde casa, con titores nativos e sen horarios, esta é unha boa ocasión para facelo.

Constará dun total de 30 horas de formación totalmente en liña e, como todos os nosos cursos, está adaptado ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER).

O curso está dirixidos a persoas maiores de 16 anos interesadas en aprender Lingua de Signos Española, aínda que tamén poden realizalo menores acompañados dun adulto que lles apoie.

A formación desenvolverase desde o 21 de xuño ata o 21 de xullo de 2021.

A inscrición pode realizarse de forma en liña a través do formulario da nosa web, e o prazo de matriculación finalizará o 15 de xuño de 2021 ou ata cubrir o número de prazas dispoñibles.

Ao completar o curso entregarase un certificado homologado pola Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) que acredita as 30 horas de formación.

Na nosa páxina web atoparedes toda a información sobre este curso, ademais dunha sección de preguntas frecuentes con respostas a dúbidas comúns.

Para calquera consulta relacionada, podedes poñervos en contacto connosco a través do email lsecursos@faxpg.es

Arquivada en:
A lingua de signos española (LSE) > Os nosos cursos
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Contratación de Servizos > Formación en Lingua de Signos Española (LSE)