Novas

VI Festival de Cultura Xorda

Eventos e actividades

08/10/2019 | Vigo

O vindeiro sábado 19 de outubro terá lugar en Vigo a VI Edición do Festival de Cultura Xorda.

Nesta ocasión, o evento estará organizado pola Asociación de Persoas Xordas de Vigo (AsOrVigo) en colaboración coa Federación de Asociacións de  Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).

Os actos celebraranse no Auditorio Municipal de  Teis ao longo de todo o día e a entrada será gratuíta.

Haberá actuacións de todo tipo, e todas elas contarán coa Lingua de Signos Española como protagonista: curtametraxes, mimo, cancións, poesía, teatro, baile e charlas.

Será unha oportunidade, unha vez máis, para gozar da nosa Cultura Xorda con artistas xordos de gran talento que ofrecerán aos público espectáculos que expresan a arte e a cultura tal e como o noso colectivo sente.

O festival conta co financiamento da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, e tamén co apoio da Concellería de Participación  Cidadá do  Concello de Vigo, que cede o espazo para a súa realización.

Atoparedes nesta noticia o formulario de inscrición e o programa de actividades completo.

O prazo para inscribirse termina o 1 de outubro (ampliouse finalmente ata o 11 de outubro).

NOTA: Haberá ademáis servizo de gardería que deberá ser solicitado previamente. Máis información contactando coa AsOrVigo.

Arquivada en: