Novas

Día Internacional de Persoas Xordas en Ourense

Eventos e actividades

06/09/2019 | Ourense

Presentámosvos o programa da celebración do Día Internacional de Persoas Xordas en Galicia que este ano terá lugar o 28 de setembro na cidade de Ourense organizado pola FAXPG en representación das súas sete asociacións afiliadas.

Ás 10:45  h reunirémonos no Pavillón dos Remedios e a partir das 11:00  h iniciaremos unha marcha pacífica ata a Praza Maior baixo o lema deste ano: “A causa que nos une”.

Ás 12:00  h terá lugar a actuación dunha banda de gaitas e a continuación realizarase a tradicional lectura do manifesto e intervención das autoridades. Despois gozaremos de poesía en  LSE e unha representación visual a cargo dos socios/ as da  APSOU.

Pola tarde, retomaremos as actividades a partir das 16:30  h con actuacións de artistas xordos: Manuel da  Horta, Omar Nogueiras e os humoristas Edu & Mito.

Ademais, ás 17:30  h haberá unha sesión de Zumba.

Paralelamente ao desenvolvemento do programa ofrecerase un servizo de gardería para os nenos e nenas que acudan á celebración. Para máis información sobre este tema, debedes contactar directamente coa  APSOU.

Esperámosvos a todos en Ourense!

Arquivada en: