Cookies

Novas

Días das Letras Galegas

Noticia

17/05/2023

Hoxe en Galicia celebramos o día das Letras Galegas.

Este ano é o 60 aniversario desta festividade, que comezou o 17 de maio de 1963, impulsada pola Real Academia Galega (RAG) e co obxectivo de honrar un autor ou autora polo seu labor de defensa e promoción do idioma e da cultura de Galicia.

Elixiuse esta data porque coincide coa primeira edición da obra Cantares gallegos, de Rosalia de Castro.

Neste ano 2023, o Dia das Letras Galegas dedícase a Francisco Fernandez del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 – Vigo, 2010).

Foi unha das personalidades de referencia na historia do galeguismo e da cultura galega do

século XX. Fundador, entre outros, da Editorial Galaxia, codirixiu a revista Grial, presidiu a Real Academia Galega entre 1997 e 2001 e dirixiu a Fundación Penzol desde a sua fundación ata 2009.

Ensaista e narrador, é autor dunha extensa obra centrada na cultura e na literatura galegas. Para máis información sobre esta celebración e sobre o autor, podedes visitar a web cultura.gal.

Feliz Día das Letras Galegas!

 

Arquivada en:

Accesibilidad