Novas
Cursos Online de Lingua de Signos Española para menores de 12 a 15 anos: A1.1 e A1.2
Formación de LSE
05/06/2025
Tes entre 12 e 15 anos e gustaríache aprender Lingua de Signos este verán? Convocamos unha nova edición dos nosos cursos en liña de Nivel A1.1 e A1.2 dirixidos a menores de 12 a 15 anos.
Se queres aprender Lingua de Signos Española desde cero, ou se xa fixeches o curso de nivel A1.1 e queres continuar a túa formación, aproveita esta ocasión.
Ambos os cursos impartiranse do 26 de xuño ao 28 de xullo de 2025 e o seu prezo xeral é de 70 €. Hai unha opción de matrícula reducida para menores xordos/as e os seus irmáns/as, e tamén para menores familiares de persoas xordas. Na folla informativa do curso atoparedes todos os detalles.
A formación será totalmente en liña, con titores nativos e sen horarios, a través dunha plataforma con vídeos e actividades. Ambos os cursos constan dun total de 30 horas lectivas cada un e como todos os nosos cursos, están adaptados ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER).
A inscrición pode realizarse de forma en liña a través do formulario na nosa web. O prazo de matrícula finalizará o 23 de xuño ou ata cubrir o número de prazas dispoñibles. Terán preferencia para a asignación de prazas os/as menores xordos/as e aqueles/as que residan en Galicia.
Ao completar o curso entregarase un certificado homologado pola Confederación Estatal de Personas Sordas (CNSE) que acredita as 30 horas de formación.
Para calquera consulta relacionada, podedes poñervos en contacto connosco a través do email: lsecursos@faxpg.es
¡Animádevos a aprender LSE este verán!
Menores de 12 a 15 anos
Arquivada en:
A lingua de signos española > Os nosos cursos
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Contratación de Servizos > Formación de Lingua de Signos Española (LSE)