Cookies

Novas

Curso presencial de LSE Nivel A1: ampliamos o período de matrícula

Formación en LSE

13/01/2023

Gustaríache aprender Lingua de Signos Española a través de formación presencial? Desde a FAXPG comezaremos proximamente o curso de LSE de Nivel A1 con clases presenciais en todas as cidades de Galicia, impartidas polo noso equipo de Especialistas en LSE.

Desenvolveranse entre os meses de febreiro e maio. As clases teñen unha duración de 2 horas, e impártense 2 días por semana. Ademais, ofrecemos horarios tanto de mañá como de tarde. Xunto a esta noticia atoparedes a folla informativa con máis detalles sobre o curso, ademais dos lugares onde se celebran en cada cidade.

O prazo de inscrición finaliza o próximo 31 de xaneiro ou ata esgotar o número de prazas dispoñibles. Non dubidedes e animarvos a aprender LSE nos nosos cursos!

PRESENCIAL

Arquivada en:
A lingua de signos española > Os nosos cursos
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Contratación de Servizos > Formación de Lingua de Signos Española (LSE)

Accesibilidad