Novas

Programa de actividades para o 14 de xuño, Día Nacional das Linguas de Signos Españolas

Noticia

05/06/2023

O 14 de xuño xa está moi preto!

E queredes saber como imos celebralo?

Pois un ano máis sairemos ás rúas para achegar a LSE a toda a sociedade.

Estaremos nas 7 cidades de Galicia acompañados das nosas asociacións afiliadas, no texto podedes ver as localizacións exactas.

Atoparédesnos durante toda a tarde, en horario de 17:00 a 20:00 h. Teremos actividades gratuítas para todos.

Para nenos e nenas, ás 17:30 h haberá contacontos en LSE, e ao acabar, gozaremos dunha merenda saudable grazas á colaboración de Eroski.

E despois, ás 18:30 h poderedes aprender un pouco de LSE cun taller de signos básicos para todos os públicos.

Convidámosvos a acompañarnos e gozar connosco deste Día Nacional das Linguas de Signos Españolas.

Ah, e non esquezades que tamén podedes unirvos á celebración en redes sociais cos hashtag #YoconlaLS e #EucoaLS en galego.

Reservade a data: o vindeiro mércores 14 de xuño, animádevos a vir!

En Pontevedra, Praza da Peregrina.
En Ferrol, Local da AXF.
En Santiago, na Alameda, zona de As Marías.
En Lugo, Rúa da Raíña.
En Ourense, Rúa do Paseo 39. (Tamén en horario de 11:00 a 14:00 h)
En Vigo, en Porta do Sol.
Na Coruña, Centro Comercial Marineda City, no espazo Living Art xunto a Lefties.

 

 

Arquivada en: