NOTICIAS
29 XulloOs derradeiros días do VI Campamento Estatal da Xuventude Xorda
Os derradeiros días do campamento transcorreron de xeito semellante aos primeiros: actividades, excursións, xogos, etc. A programación non deixaba lugar ao descanso e os/as participantes aproveitaron cada minuto do campamento.
Gozaron dun día nas Illas Cíes, paraxe natural onde realizaron sendeirismo e xogos de supervivencia; ese mesmo día pola noite, acudiron á APSSC para vivir de preto os fogos artificiais con motivo da festa do Apóstolo e contactar con persoas xordas de Galicia.
O domingo tiveron tempo libre para acudir á praia ou á piscina segundo a preferencia de cada un/unha. Pola noite organizaron unha festa de despedida e á maña seguinte, derradeiro día do campamento, procederon coa entrega de premios e recollida.
Despois de sete días de convivencia a despedida resultou ser emotiva para todos/as os/as participantes (mozos, monitores, organizadores, intérpretes, etc.) e non hai dúbida de que gardarán na súa lembranza o acontecido estes días de campamento.
A FAXPG quere felicitar a tódolos/as participantes, membros do COC y da CJS-CNSE polo éxito deste campamento. ¡Parabéns!
Podedes ver o explicado e máis deseguido, nun resumo do acontecido estes derradeiros días.