- Primeiro lembrar que tedes un cuestionario á vosa disposición para que poidamos coñecer cal é a vosa opinión sobre a nosa web. Debedes pinchar na nova correspondente onde ven todo explicado e na versión textual poderedes acceder ao mesmo.
- O CFR ofrecerá a partir do mes de setembro un curso de informática nivel superior, un obradoiro de lectoescritura e unha acción formativa para desempregados dirixida a Especialistas en LSE en paro.
- O 25 de setembro celébrase en Santiago de Compostela o Día Internacional das Persoas Xordas, Nas primeiras semanas de setembro irémosvos informando do programa deste día así que estade atentos.
- En outubro terá lugar a primeira convivencia de persoas maiores xordas de Galicia en Nigrán pero, importante, o prazo para apuntarse remata o día 11 de setembro.
- E por suposto seguiremos a contar novas sobre as accións e actividades da FAXPG e os seus servizos de emprego, de voluntariado, do SILSE-GI, do SAPS, do CFR, etc. así como tamén as novidades das Asociacións de Persoas Xordas Afiliadas e do movemento asociativo afiliado á CNSE.
© Copyright Federacion de Asociacions de Persoas Xordas de Galicia· Todos los derechos reservados. Aviso Legal
![]() |
![]() |
![]() |